Thursday, July 12, 2007

OBRIGADA, SINGRADURA DA RELINGA!!!

PASSO A TRANSCREVER A LINDA MENSAGEM DOS NOSSOS AMIGOS:
«Eis esta fermosa foto que nos fai chegar ás ciberadegas de Singradura da Relinga Sailor Girl, admistradora da bitácora Atlântico Azul.
Amiga Sailor Girl, agradecémosche encarecidamente a túa colaboración e o ánimo de dar a coñecer a cultura marinheira dos teus mares que son tamén os nosos.Nesta beira a presencia atlántica é permanente aloumiñando os seus ventos as nosas vidas e alimentando coa súa forza os nosos pasos.
Na vosa beira non é diferente, porque non hai dous, tres ou cen atlánticos. Cando estamos mirando ao mar a todas e todos por igual nos arroupa o mesmo océano, porque é noso e voso compartido e sulcado polas mesmas correntes máis alá de artificiais fronteiras.
O Atlántico é a forza maxestuosa que sen alaracas nen ruído derruba paseniñamente o muro de fíos invisibles que separan aos pobos de Galicia e Portugal. Estas fotos que compartes con nós son testemuño da vitalidade da cultura mariñeria portuguesa que organiza encontros de maravillosas embarcacións tradicionais, e este é o seu valor fundamental.
Mais tamén os homes e mulleres do noso Esteiro natal na Ría de Muros e Noia sentimos unha especial afinidade ao sabermos que as vosas naves inzan de cultura as augas do Estuário do Tejo, que no galego de Galicia é sinxelamente un esteiro como o que lle da o nome a nosa Vila, mais grande o do Tejo que o do noso Río Maior eso sí, embora esteiro.
Recibe de Singradura da Relinga un afectuoso saúdo.
Muito obrigados e obrigadas!!!»
(Nota: Escolhi esta fotografia pelas razões que explicarei melhor noutro post... Fiquei mesmo muito comovida...)

4 comments:

João Manuel Rodrigues said...

Fiquei sem palavras.

João

pereira de oliveira said...

SEM PALAVRAS E MUITO SENTIDO A ABRACO AA GALIZA

pereira de oliveira said...

Garcia lorca disse,Romaxe de Nosa Señora da Barca:

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!

A Virxen era pequena
e a súa coroa de prata.
Marelos os catro bois
que no seu carro a levaban.

Pombas de vidro traguían
a choiva pol-a montana.
Mortos e mortos de néboa
pol-as congostroas chegaban.

¡Virxen, deixa a túa cariña
nos doces ollos das vacas
e leva sobr'o teu manto
as foles da amortallada!

Pol-a testa de Galicia
xa ven salaiando a i-alba.
A Virxen mira pra o mar
dend'a porta da súa casa.

¡Ay ruada, ruada, ruada
da Virxen pequena
e a súa barca!
...oooOOOooo...

caniche vagabundo said...

Muito bonita, a mensagem!