Wednesday, July 4, 2007

VIVA A GALICIA!!!

TODOS AO BLOGUE GALEGO [SINGRADURA DA RELINGA], o «Blog do Grupo de Cultura Marinheira da Asociación Cultural "O Xeito" Máis alá. Sementando rumbos no ronsel que perseguimos»!!!...

10 comments:

pereira de oliveira said...

o catraio do Seixal e o Arrais Joao martins estao a caminho de Vigo para um encontro de barcos tradicionais!!!boa viagem e bom sucesso!!!!!

Raquel Sabino Pereira said...

o catraio do Seixal e o Arrais Joao martins estao a caminho de Vigo para um encontro de barcos tradicionais???? então só pode ser o encontro em que participarão estes nossos amigos galegos!!! Vai lá ver !!!

pereira de oliveira said...

esta foi a mensagem que la deixei!!!!

o Arrais Joao Martins e o seu catraio estao a caminho deste encontro e levam a mensagem do Centro Nautico Moitense e do Ecomuseu do Seixal!

Raquel Sabino Pereira said...

YES!!!!!..... GANDA PINTA!!!!! VIVA A AMIZADE PORTUGAL-GALICIA!!!!

pereira de oliveira said...

portugal-galicia...como um soo!

joao madail veiga said...

É seguro que Galiza e Portugal se axuntarán algún día


Con que dereito se nos obriga a deprendermos a lingua de Castela
e non se obriga aos casteláns a deprenderen a nosa?

Os galegos tiñan unha cultura anterior e superior á de Castela,
e contaban con institucións foraes que concedían aos labregos un
comezo de propiedade
Os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretóns; os
casteláns aos galegos. E todos eses aldraxes non son máis que un
recoñecemento tácito do "carácter nacional"
A partir de Galiza e de Asturias foise gañando aos mouros o que
despois soio sirveu para engrandecer a Castela.
Nós queremos ser hespañoes, pero a condición de que este nome
non nos obrigue a sermos casteláns.
Pero dentro de Portugal quedounos a mitade da nosa terra, do noso
espírito, da nosa lingua, da nosa cultura, da nosa vida, do noso ser
nacional.

Raquel Sabino Pereira said...

Bonito!! Muito bonito mesmo!
E MUITO INSPIRADO, O AMIGO!!!

joao madail veiga said...

O texto atrás é do Castelao:

Alfonso Daniel Manuel Rodríquez Castelao naceu na parroquia de Santa Comba e vila de Rianxo (A Coruña) o 30 de xaneiro de 1886, as 10 horas, e morreu no hospital do Centro Galego da cidade de Bos Aires (a Arxentina) o 7 de xaneiro de 1950, as 23 horas. O día 9 foi enterrado no cemiterio da Chacarita, no panteón do devandito centro, desde once foi trasladado a Galicia, ó Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago), o 28 de xuño de 1984.

Foi o fillo máis vello de Mariano Rodríguez de Dios, mariñeiro (segundo a partida de bautismo de Alfonso) e de Xoaquina Castelao Genme (así escrito o segundo apelido na citada fonte), os dous naturais de Rianxo. A nai falecerá o 24 de xaneiro de 1945, sen ter diante o seu fillo.

En 1895 emigrou con súa nai a Arxentina, a onde emigrara antes o pai. Este radicárase preto de Bernasconi (A Pampa), onde naceron Teresa (aínda viva en 1999) e Xosefina, irmás de Alfonso.

Volveron nai e fillos a Rianxo en 1900 (e o pai pouco despois), ano en que Alfonso ingresa no Instituto de Santiago (29 de setembro), onde estudia por libre o bacharelato en tres anos. Acada o grao de bacharel o 18 de xuño de 1903, ano en que comeza Medicina, tamén en Santiago, na que se licencia o 9 de xuño de 1909, segundo consta no Arquivo Histórico Universitario (atado 1225, núm. 16). O 28 de setembro deste ano expídense certificacións oficiais desde Santiago para a Universidade de Madrid, na que Castelao pensa doutorarse, o que nunca fará.

Volve a Rianxo, casa na Estrada (Pontevedra) con Virxinia Pereira Renda o 19 de outubro de 1912, e teñen un fillo en 1913, Alfonso Xesús, que morrerá o 3 de xaneiro de 1928.

En 1915 aproba oposicións a funcionario do Instituto Geográfico Estadístico, e obtén praza en Pontevedra, once residirá ata 1936. O 18 de xullo deste ano, inicio da Guerra Civil, está en Madrid, a onde fora para lle presentar ó Presidente das Cortes o Estatuto de Autonomía de Galicia, aprobado o 28 de xuño de 1936. Ata 1938 permanece en España. A partir deste ano viaxa a Rusia, Estados Unidos e Cuba. En 1940 radícase definitivamente na Arxentina.

Castelao, o guiero

Castelao foi considerado sempre polos galegos como o seu máis grande líder, e chamóuselle "guieiro e espello de galeguismo" (Ben-Cho-Shey), "representante do espírito inmorrente da Galicia eterna" (Suárez do Pazo), "a conciencia de todos feita home" (Otero Pedrayo), "heroe e santo" (Jaime Cortesáo), "guieiro e símbolo" e "estrela acesa que percorreu os ceos galegos" (Marcial Fernández), "mensaxeiro da Terra" (Luís Tobío), "irmán" (Ramón Cabanillas), "pai e guieiro" (Manuel María), etc.

De como os escritores galegos admiraban e loaban a Castelao son proba as máis de cen dedicatorias de libros deses que lle regalaron ata 1935 (a biblioteca de Castelao quedou en Pontevedra e pasou ó Museo desta cidade), recollidas por Antonio Rodríguez Fraíz, crego de San Pedro de Campañó (Pontevedra), no seu libro Castelao. Na alma dos escritores do seu tempo (1990).

Castelao, o galeguista

Castelao foi deputado galeguista dúas veces (1931 e 1936), presidiu o Consello de Galicia (Bos Aires, 1944) e foi ministro do goberno republicano no exilio (1946). Sempre en Galiza é o seu libro máis importante.

A importancia de Sempre en Galiza na evolución do pensamento galeguista convertiuna xa nunha obra impresindible para calquera galego dos noso días. Publicada en Bos Aires en 1944, durante moitos anos estivo prohibida a súa difusión en España, o que sen embargo non impediu que chegase a ser un dos libros galegos máis vendidos de tódolos tempos.

Raquel Sabino Pereira said...

Que interessante, João! Obrigada!!!

pereira de oliveira said...

ee bom aprender...bem-haja